- No curso 2007-2008, o prestixioso científico Dr Octo quiso poñer a proba aos rapaces de Primaria e Secundaria de toda Galicia e promoveu un concurso de experimentos científicos relacionados co medio mariño.
- Para isto, o seu equipo de investigadores percorreu numerosos centros de ensino realizando unha experiencia científica e animando a máis de 2100 alumnos a participar.
- Presentáronse 14 proxectos a concurso, destes foron seleccionados os 8 mellores para participar nunha Xuntanza de Ideas onde os participantes tiveron a oportunidade de demostrar os seus coñecementos sobre o mundo mariño e, entre todos, seleccionar aos gañadores.
- Os vencedores, como premio asistiron e colaboraron no programa da Radio Galega Efervesciencia contando a súa experiencia.
- Satisfeito polo éxito do concurso, o Dr Octo repetirá esta experiencia en próximas edicións…
¡¡¡¡Estade atentos xóvenes científicos!!!!
|
 |