Oferta de actividades a centros de ensino
Actividades de VentosA empresa Ventos oferta unhas serie de charlas, xogos, obradoiros e rutas guiadas relacionadas co medio mariño e a sensibilización ambiental.Descargar (pdf. 184,38 KB)
Augamar 09Auga + Mar é un programa de educación e promoción do voluntariado ambiental sobre o litoral e o medio mariño. Baixo este título propoñemos unha serie de actividades que acheguen aos mozos e mozas á práctica dos coñecementos adquiridos, no ámbito do ensino ou do coñecemento xeral, relativos ao mundo mariño, tanto na súa vertente ecolóxica como na etnográfica, mostrando as embarcacións antigas e tradicionais, as actividades extractivas no mar, a complexidade do ecosistema acuático e a biodiversidade mariña. Os destinatarios son rapaces e rapazas de 3º e 4º da ESO e 1º e 2º de bacharelato.Descargar (pdf. 105,93 KB)
Entre MareasEntre mareas é un programa que busca achegar aos e ás estudantes de Galiza ao medio mariño do noso país, a través dunhas actividades pensadas para que coñezan e se conciencien do importante que é recuperar, conservar e manter o noso patrimonio marítimo. Os destinatarios son escolares de 1.º e 2.º ciclo da ESO. http://www.xuventude.netDescargar (pdf. 840,34 KB)
Exposicións itinerantesA Asociación de Ensinantes do Salnés elaboraron unha serie de exposicións para os centros de ensino que se poden solicitar no contacto da asociación. Aquí preséntas unha relación deste material de préstamo.Descargar (pdf. 57,47 KB)
Voltar ao índice de categorías

Máis informacion: formacion@cetmar.org
Tel. 986 247 047

Actividade financiada pola Dirección Xeral de
Investigación, Desenvolvemento e Innovación.
Organiza Centro Tecnológico del Mar - Fundación CETMAR