Libros infantil
20.000 Leguas de viaxe submarinaUnha das viaxes máis emocionantes da literatura universal. En adaptación literaria de Mª del Carmen Campos. Editorial Baía Edicións. Autor Xulio Verne. Idade: 4 anos. ISBN: 978-84-96128-87-3Descargar (jpg. 4,09 KB)
A aventura de Roque no marCando a mar está en calma, Roque baixa á praia, prepara a súa barca e sae a navegar. Un día, preto das illas Pixotas, un mal encontro cun habitante do mar deixará a Roque sen o seu máis prezado tesouro. Idade: 6 anos. Editorial Everest Galicia. Autores Jesús Peteiro e Beatriz García Trillo. ISBN:84-403-0519-2Descargar (jpg. 6,00 KB)
A contar ovellasXan non pode durmir sen contos; a súa nai xa non llos quere contar e mándalle que conte ovellas, pero, entre as ovellas que van e veñen, o neno consegue que a voz dun misterioso ser brillante lle cumpra o seu desexo e lle conte os relatos máis fermosos. Entre eles está a do misterioso mar das sete ondas... Idade: 9 anos. Editorial Xerais. Autor Elvira Pérez. ISBN: 978-84-8302-784-4Descargar (jpg. 3,18 KB)
A fiestra valdeiraPeza de teatro (comedia de relate ledo) que se desenvolve nunha pequena vila mariñeira. Estreouse en Rianxo, en 1935, sendo daquela dirixida polo autor. Undécima edición. Ilustracións de Isaac Díaz Pardo. Idade: 11 anos. Edicións do Castro. Autor Rafael Dieste. ISBN:978-84-7492-035-2Descargar (jpg. 2,84 KB)
A Gaivota AntónConto infantil sobre a vida da gaivota Antón. Editorial Estela e Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia. Autores Pilar Yturbe e Álvaro Castro.Descargar (pdf. 510,67 KB)
A Nao Catrineta que ten moito que cantarPoema sobre unha longa e dificultosa viaxe na que a Nao Catrineta quedou sen rumbo e a súa tripulación dábao todo por perdido. Versión galega de María Anxos Vázquez. Ilustracións a doble páxina de Paula Soares. Idade: 8 anos. Editoiral Ir Indo. Autores Antonio Torrado e Paula Soares. ISBN: 978-84-7680-154-3Descargar (jpg. 2,40 KB)
A negrura do marO relato que dá título ao libro sitúanos no 2076 ante unha alarma medioambiental que fai descubrir aos protagonistas indicios doutra catástrofe, a do "Prestige". As outras dúas aventuras son: "O misterio do prión" e "A primeira aventura". Idade: 10 anos. Editorial Xerais. Autores Ramón Caride e Miguelanxo Prado. ISBN: 84-9782-213-7Descargar (jpg. 3,34 KB)
A nosa historia de GaliciaHistoria de Galicia adaptada ao público infantil, co asesoramento de Anselmo López Carreira. A colección consta de 20 títulos: Os prehistóricos, Os habitantes dos castros, Os galego-romanos, Os viquingos en Galicia, Bispos e monxes, Os reis de Galicia... Idade: 8 anos. Editorial A Nosa Terra. Autor Pepe Carreiro. ISBN: 01-0047-1Descargar (jpg. 4,44 KB)
A pincesiña Socorro, o trobeiro Carolo e o demo dos cornosAventuras no camiño en catro actos con princesas, demos, trobeiros namorados, ladróns e cabaleiros protectores de peregrinos, Santiago Apóstolo e San Francisco de Asís, tronos, chispas, lóstregos, cans, lobos e outras moitas marabillas.Idade: 9 anos. Editorial Xerais. Autores Miguel Vázquez Freire e Gloria Sánchez. ISBN:978-84-8302-454-6Descargar (jpg. 4,16 KB)
A PraiaEsta vez é a praia a que aparece retratada neste libro-acordeón para o xogo e aprendizaxe dos máis pequenos. Especies, obxectos e personaxes típicos dun poboado areal servirán para que os aprendan a participar de cheo nas lecturas cos adultos. Idade: 5 anos. Editorial Galaxia. Autora Cristina Losantos. ISBN:84-8288-682-7Descargar (jpg. 3,76 KB)
A serea da Illa NegraDúas nenas protagonizan os dous contos de aventuras incluídos neste libro. Sara vence o maleficio da terrible Serea da Illa Negra e Branca combate as nefastas consecuencias de Néboa Negra que asolaga a súa terra. Ilustrado por Miguelanxo Prado. Idade: 8 anos. Editorial Tambre. Autor Agustín Fernández Paz. ISBN: 84-263-5024-4Descargar (jpg. 3,35 KB)
A vaca de Fisterra e a trabe de alcatránFascinante novela de aventuras con dragóns, monstros, segredos e tesouros aos que o protagonista se achega logo de atopar un torques abandonado cando saía da escola. Ilustracións de Lázaro Enríquez. Idade: 10 anos. Editorial Tambre. Autora Mirilar Aleixandre. ISBN:84-263-5025-9Descargar (jpg. 4,84 KB)
A vella quenlla perde os dentesA quenlla era tan larpeira que confundiu unha pedra cunha saborosa madalena, e perdeu os dentes. Todos os peixes comezaron a rirse dela, ata que un polbo dentista lle puxo unha dentadura nova e axiña remataron as burlas. Ilustracións de Manuel Uhía. Idade: 5 anos. Editorial Rodeira. Autor Xabier López López. ISBN:84-96352-25-0 Descargar (jpg. 4,55 KB)
A vida no mar salgado: AnaLibro introductorio á colección "A vida no mar salgado" que tenta explicar ó alumnado de educación primaria a vida no medio mariño dende o punto de vista dos organismos que viven nel. Tamén propón actividades e trata outros temas coma a pesca, o marisqueo e o consumo responsable.Descargar (pdf. 269,12 KB)
A vida no mar salgado: AntónPublicación da Consellería de Pesca na que tratan os problemas de sobreexplotación e consumo responsable para lectura de rapaces de primaria.Descargar (pdf. 448,33 KB)
A vida no mar salgado: BraisPublicación da Consellería de pesca para educación primaria na que conta como é o traballo do mar e os mariñeiros.Descargar (pdf. 467,70 KB)
A vida no mar salgado: CamarónPublicación da Consellería de Pesca destinada a nenos de primaria que conta como é a vida dun camarón.Descargar (pdf. 393,99 KB)
A vida no mar salgado: CarmenPublicación da Consellería de Pesca dirixido a nenos de primaria para descubrir o traballo dos mariscadores.Descargar (pdf. 502,72 KB)
A vida no mar salgado: CentolaPublicación da Consellería de Pesca e asuntos marítimos dirixida a nenos de primaria na que conta e describe a vida dunha centola.Descargar (pdf. 378,74 KB)
A vida no mar salgado: MexilónPublicación da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos dirixido a nenos de primaria na que conta a vida dun mexillón.Descargar (pdf. 514,02 KB)
A vida no mar salgado: OurizoPublicación da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos dirixida a nenos de primaria na que conta a vida dun ourizo.Descargar (pdf. 434,63 KB)
A vida no mar salgado: Peixe sapoPublicación da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos dirixida a nenos de primaria na que se lles intruduce ó peixe sapo.Descargar (pdf. 429,09 KB)
A vida no mar salgado: PercebePublicación da Consellería de Pesca e Asuntos Marímos dirixido a nenos de primaria onde se lles introduce a vida do percebe.Descargar (pdf. 499,03 KB)
A vida no mar salgado: PolboPublicación da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos dirixido a nenos de primaria na que conta a vida do polbo.Descargar (pdf. 584,64 KB)
A vida no mar salgado: RodaballoPublicación da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos dirixida a alumnos de primaria que describe a vida do rodaballo en primeira persoaDescargar (pdf. 401,51 KB)
A vida no mar salgado: XureloPublicación da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos dirixida a primaria que conta a vida dun xureloDescargar (pdf. 358,91 KB)
AcuarioMaterial de apoio educativo para preparar unha visita ao acuario da Coruña. Vinte fotografías de animais mariños e unha guía para o profesorado con actividades.Editorial Primera persona. Autora Fina Mosquera Roel. Idade: 4. ISBN: 01-0048-101 Descargar (jpg. 5,70 KB)
As aventuras de PinochoComo a moitos nenos, a Pinocho gústalle facer trasnadas, desobedecer aos maiores e estudar o menos posible, sen preocuparse polas consecuencias. Pero Pinocho é un neno diferente aos demais... é un monicreque. Unha das súas trasnadas levouno á barriga dunha balea. Traducido por Pilar Martínez. Idade: 8 anos. Editorial Kalandraka. Autores Carlo Collodi e Innocenti. ISBN: 84-8464-578-9Descargar (jpg. 3,89 KB)
As cores da vidaTexto con rima que fala das cores da natureza: o amarelo do trigo e do sol, o azul do ceo e do mar, o verde dos piñeiros... Idade: 4 anos. Editorial Ir Indo. Autores Toño Núñez e Laura Comesaña Viéitez. ISBN: 978-84-7680-508-4Descargar (jpg. 3,19 KB)
Aventura na praiaCando vén unha onda moi grande e lle leva o flotador a unha meniña, empezan a suceder cousas moi divertidas, cousas que non permiten esquecer un día de praia. ¿Ti tamén te atreves? Idade: 6 anos. Editorial Everest Galicia. Autores Ricardo Alcántara e Chiara Carrer. ISBN: 978-84-403-0381-3Descargar (jpg. 3,66 KB)
Baroña ou morte"Baroña é un castro húmido, o Atlántico pasa por riba dos muros con toda a confianza do mundo, pero os seus habitantes están afeitos a convivir coas ondas do mar..." Primeira entrega das aventuras dos habitantes do castro de Baroña en banda deseñada. Idade:10 anos. Editorial Toxosoutos. Autor Pepe Carreiro. ISBN: 84-96259-06-4Descargar (jpg. 4,38 KB)
Cando Verne amarrou en VigoUn arqueólogo e un mozo de quince anos moven Roma con Santiago para impedir que compañías estranxeiras saqueen os galeóns afundidos en Rande. Chegaron incluso a buscar o arrimo do propio Xulio Verne, quen daquela (1878) se atopaba en Vigo. Idade: 10 anos. Editorial Tambre. Autor Paco Climent. ISBN: 84-88681-40-2Descargar (jpg. 3,65 KB)
Capitán calabroteHistoria protagonizada por un pirata nostálxico que vivía moi tranquilo nunha illa deserta á que un día chega outro vello e temible pirata que quere agachar alí o seu cofre. Ilustrado por Carles Arbat. Idade: 6 anos. Editorial Kalandraka. Autor Alberto Sebastián. ISBN: 84-8464-107-4Descargar (jpg. 3,61 KB)
Carlota e a gaivota patiamarelaTerceira entrega da serie de álbums protagonizada pola marmota Carlota, escrita por Miro Villar e ilustrada por Enjamio. Desta volta, Carlota viaxa río abaixo ata atopar no esteiro a desfeita provocada polos verquidos do chapapote. Idade: 5 anos. Editorial Xerais. Autor Miro Villar. ISBN: 84-9782-422-9Descargar (jpg. 4,91 KB)
CidadesLibro de poesía que deita unha ollada tenra e rebelde sobre as cousas e sobre a vida dende a óptica da infancia e da adolescencia. Idade: 11 anos. Editorial Xerais. Autor Fran Alonso. ISBN: 978-84-9782-227-5Descargar (jpg. 2,59 KB)
Colección Os Bolechas- O marLibro mol para xogar mesmo na auga ou, simplemente, para que o pequeño recompoña o sinxelo crebacabezas que leva dentro. Autor: Pepe Carreiro. Editorial A Nosa Terra. Escuma semirríxida. ISBN: 978-84-8341-182-7Descargar (jpg. 6,11 KB)
Cómo naceron as sereasPouca xente coñece o segredo de cómo naceron as sereas. Neste contiño dise como foi. Debuxos de Gustavo Roldán. Idade: 5 anos. Editorial Rodeira. Autores Griselda Castro e Gustavo Roldán. ISBN: 84-8116-722-3Descargar (jpg. 2,70 KB)
Contos de AndersenA sereíña é un dos contos incluídos neste coidado volume que recolle os mellores contos de Andersen. Tradución de Xavier Rodríguez Baixeras. Idade: 6 anos. Editorial Xerais. Autor Hans Christian Andersen. ISBN: 84-8302-455-1Descargar (jpg. 4,95 KB)
Contos de GrimmIntrodución de Gustavo Martín Garzo. Apéndide de Herman Grimm. Traducido por Xabier R. Baixeras. Entre os ilustradores galegos están Miguelanxo Prado e Fino Lorenzo. Idade: 9 anos. Editorial Xerais. ISBN: 84-8302-321-0Descargar (pdf. 1,68 MB)
Contos de ratiñosUn fatiño de contos que papá rato conta aos seus fillos á hora de iren para a cama. Entre eles está o titulado O rato e os ventos. Nel, un ratiño que xoga a ser mariñeiro dun barco de vela e pasa por distintas vicisitudes por causa do vento mareiro. Editorial Kalandraka. Autor Arnold Lobel. Idade: 4 anos. ISBN: 84-95123-51-7Descargar (jpg. 3,42 KB)
Contos do trasniñoRecolle dez contos que, en realidade, son outras tantas trasnadas. Entre eles está o de Flip, o golfiño que salvou a un neno que estivo a piques de afogar. Ilustrado por Íñigo Senín Fernández. Idade: 8 anos. Ir indo Edicións. Autora Margarita Viñas Quiroga. ISBN: 978-84-7680-242-7Descargar (jpg. 2,60 KB)
Con-zancos e as ondas do marSó cinco liñas de texto para introducir a historia de Con-zancos, un ave que queimou as patas coa area a súa nai púxolle uns zancos para andar. A maioría das páxinas son só de ilustracións. Idade: 8 anos. Editorial Galaxia. Autora Elisa Gallego Picard. ISBN: 84-8288-866-8Descargar (jpg. 2,78 KB)
Eu voguei por Mar de ChocolateÉ a historia de Nicolás e o seu novo primo Rónal, un neno colombiano que adoptaron os seus tíos; este ten a pel escura e di que é porque se bañou no Mar de Chocolate, un océano ao que, claro está, tamén quere viaxar Nicolás. Ilustracións de Laura Blanco. Idade: 8 anos. Editorial Everest Galicia. Autor Xoán Babarro. ISBN: 84-403-0433-1Descargar (jpg. 4,79 KB)
Evaristo, un corvo moi listo¡Vaia aventura a de baixar a coñecer o fondo do mar da man dun corvo mariño! ¡Así calquera! Primeiros lectores. Idade: 6 anos. Editorial Everst Galicia. Autor Manolo Uhía. ISBN: 84403-0430-7Descargar (jpg. 5,50 KB)
Glup, o incrible peixe balaEl é un peixe molón, de cor laranxa, que vive nun acuario. A carón deste colocan unha bóla de cristal na que Glup albisca a unha peixiña chorosa e sen compañía. Glup quere dar un chouto e chegar onda ela. As ilustracións son de Xan López Domínguez. Idade: 7 anos. Editorial Xerais. Autor Isabel Freire. ISBN: 84-9782-440-7Descargar (jpg. 2,87 KB)
Hércules e XeriónNarra a fazaña do vigoroso e astuto Hércules cando liberou a ártabros e brigantinos da tiranía do home-monstro Xerión, cuxo cadáver se atopa, segundo a mitoloxía, soterrado baixo a torre-faro aínda hoxe. Idade: 5 anos. Baía Edicións. Autor Manuel Almofrei. ISBN: 84-96128-66-0Descargar (jpg. 7,16 KB)
IthIth desde un faro da costa, divisa ao lonxe unhas terras que hai máis alá do mar e soña con chegar a elas algún día. Ao mando de tres barcos e trinta homes,chega á Eirín, onde encontra a amizade dos seus habitantes, aínda que acabará atopando a traizón. Idade: 9 anos. Editorial Xerais. Autor Silvestre Gómez Xurxo. ISBN:978-84-8302-689-2Descargar (jpg. 3,55 KB)
Mar adianteTerceira edición, de 1991. Ábrea un poema no que a autora, di que escribiu o libro para axudar aos nenos a descubrir "os segredos que conta o vento ó zoar". Xunto del, varios relatos conmoventes. Ilustracións de Araceli Liste. Idade: 6 anos. Edicións do Castro. Autora María Victoria Moreno. ISBN: 84-7492-288-7Descargar (jpg. 2,86 KB)
Marea negraXogos e aventuras dos simpáticos hirmáns Bolechas e o seu can Chispa. Idade: 6 anos. Editorial A Nosa Terra. Autor Pepe Carreiro. ISBN: 84-95350-77-7 Descargar (jpg. 5,42 KB)
María está a pintar o marMaría pel de Azucre está moi maliña, pero o seu sorriso e os seus ollos estrelados teñen a forza dese mar que ela tanto ansía ver. Levada polo seu desexo, logra encher o cuarto do hospital de sol, do mar e da fina area que envolve os seus soños. Idade: 6 anos. Editorial Everest Galicia. Autroes Xosé A. Neira Cruz e Noemí López. ISBN: 978-84-403-0415-5Descargar (jpg. 4,21 KB)
Na fogueira dos versosGarcía Teijeiro establece en este libro un diálogo creativo cos poetas da nosa tradición (Martín Códax, Eduardo Pondal, Rosalía de Castro...). Idade: 11 anos. Editorial Xerais. Autor Antonio García Teijeiro. ISBN: 978-84-9782-504-7Descargar (jpg. 2,92 KB)
NadarínO protagonista desta historia que incide no valor da diferenza é un peixe de cor negra que vive con moitos outros de cor vermella. O autor e ilustrador recrea un universo mariño a base de manchas de cor dotado dunha gran riqueza cromática. Idade: 5 anos. Editorial Kalandraka. Autor Leo Lionni. ISBN: 978-84-8464-628-0Descargar (jpg. 3,17 KB)
Naufraxio no mar de LiraNo peirao do mar de Lira están os Bolechas. Foron ver a lonxa e o porto. Queren saber como traballan os mariñeiros. O fareiro que vixía os barcos viu naufragar un iate. Os Bolechas saen ao rescate dos tripulantes e dun peixiño que viaxa no barco. Idade: 3 anos. Editorial A Nosa Terra. Autor: Pepe Carreiro. ISBN: 84-83410-14-1Descargar (jpg. 5,44 KB)
O cabo da serpeNa punta máis afastada da illa de Ínismar está o cabo da Serpe. Ninguén mora nel e ninguén se atreve a achegarse dende hai moito tempo. Os habitantes de Ínismar viven do mar e os nenos, como Elsira, xogan coas ondas a debuxar encaixes de escuma na area da praia. Unha noite, unha gran balea azul visita o soño de Elsira, convidándoa a acompañala ata o cabo da Serpe, para axudarlle a protexer a Ínismar dos perigos que asexan. Unha fermosa historia para concienciar ós rapaces da necesidade de coidar e protexer o medioambiente. Idade: 6 anos. Edición Everest Galicia. Autores Ramón Caride e Eduardo Baamonde. ISBN: 84-403-0520-6Descargar (jpg. 7,44 KB)
O capitán da baíaÉrase que se era un capitán que vivía nunha aldea sen mar. Farto de que se risen del, marchou á baía, un lugar que, dicían, era moi periogoso. Ilustrado por Sofía Balzola.Idade: 9 anos. Editorial Rodeira. Autor Daniel Ameixeiro. ISBN:84-96352-26-9Descargar (jpg. 3,78 KB)
O marLibro da colección "Un día en..." que amosa as cousas do noso contorno como O mar, O campo, A montaña ou A cidade. Versión galega de Antonio García Teijeiro e David Otero. Idade: 5 anos. Editorial Galaxia. Autores José María Parramón e María Rius. ISBN: 978-84-7154-638-8Descargar (jpg. 4,04 KB)
O neno perdido" En toda a mar coñecida/ non hai xouba nin sardiña,/ que non apendese a ler/ con historias da cabeza miña". Quen así fala é o xurelo escritor e el vai contar o que aconteceu cando un neno se perdeu no mar e todos os peixes botaron unha aleta para atopalo e devolvelo aos seus. Ilustracións de Francisco Bueno Capeáns.Idade: 9 anos. Edición Xerais. Autor Xelís de Toro e Francisco Bueno Capeáns. ISBN: 84-8302-324-5Descargar (pdf. 1,68 MB)
O peixe de pedraFábula que se desenvolve na Bretaña Terceira, nas terras de Escandoi. Ilustracións de Xaquín Marín, en cor, a toda páxina. Para nenos de máis de 4 anos Editorial A Nosa Terra. Cartonado. Autores: Ramón Loureiro e Xaquín Marín. ISBN: 84-96403-48-3Descargar (jpg. 4,29 KB)
O pirata metepataSimpática historia con rima, na que un vello capitán que tivo a mala sorte de embarrancar co seu galeón nun arrecife dálle un bo susto ao temible pirata Metepata só con prender a súa cachimba. Ilustrado por José Tomás. Idade: 4 anos. Baía Edicións. Autores Toño Núñez e José Tomás. ISBN: 84-96526-64-XDescargar (jpg. 3,73 KB)
Ondas de verde e azulrinta e seis poemas nos que a autora vai describindo asuntos relacionados coa natureza (a lúa, a nube, o río..) e de lugares emocionalmente próximos. Fálanos do mar, das súas cores, das ondas de verde e azul. Idade: 9 anos. Editorial Xerais. Autora Ana Mª Fernández. ISBN:978-84-7507-824-3Descargar (jpg. 3,33 KB)
Os Bolechas descobren a Natureza. A PraiaIdade: 3 anos. Editorial A Nosa Terra. Cartonado. Autor: Pepe Carreiro. ISBN: 84-96203-80-8Descargar (jpg. 5,68 KB)
Os Bolechas descobren a Natureza. A ría.Nesta ocasión os Bolechasqueren coñecer as rías galegas e o mundo das aldeas do noso país. Os animais e as plantas que viven nestes dous habitats, as actividades humanas... etcétera. Idade: 3 anos. Editorial A Nosa Terra. Cartonado. Autor: Pepe Carreiro. ISBN: 84-96403-56-4Descargar (jpg. 5,15 KB)
Os Bolechas queren saber que é a augaOs Bolechas ensinan os rapaces que é a auga. Para nenos menores de 3 anos. ISBN: 84-96203-14-X. Editorial A Nosa TerraDescargar (pdf. 563,36 KB)
Os Bolechas- Tatá conta peixesTatá aprende as cores mentres conta os peixiños que aparecen neste libro. Idade: 3 anos. Editorial A Nosa Terra. Autor: Pepe Carreiro. ISBN: 978-84-8341-180-3Descargar (jpg. 4,67 KB)
Os Bolechas van á praiaXogos e aventuras dos simpáticos hirmáns Bolechas e o seu can Chispa. Idade: 3 anos. Editorial A Nosa Terra. Autor: Pepe Carreiro. ISBN: 84-95350-44-0Descargar (jpg. 4,99 KB)
Os contos da rata Luísa 1Colección de dez pequenos contos, presentados nun estoxo, con sinxelos e coloristas debuxos que en ocasións incorporan a fotografía de obxectos reais. Un dos contos titúlase “No mar” e nel a ratiña vai á praia e navega embarcada nunha lata de xoubas. Editorial A Nosa Terra. Autor Mon Daporta Padín. Idade: 4 anos. ISBN: 84-95350-34-3Descargar (jpg. 6,29 KB)
Os peixes de coresUli está farto de que seu pai sempre lle diga o mesmo. ¡Ti aínda cres nos peixes de cores! Uli pensa que ten que demostralle a seu pai que hai algo máis que o diñeiro, o traballo eos negocios... Ten que atopar os peixes de cores. Idade: 11 anos. Editorial Xerais. Autor Antonio García Teijeiro. ISBN: 978-84-9782-502-3Descargar (jpg. 3,18 KB)
Os sons da buguinaUnha enigmática muller que semella saída do mar e que desencadea unha serie de acontecementos tráxicos nos que descobre o seu pasado son os elementos cos que o dramaturgo cedeirense trenzou esta historia para maiores de 12 anos finalista do premio. Idade: 10 anos. Baía Edicións. Autor Carlos Labraña. ISBN: 978-84-96526-83-9Descargar (jpg. 3,67 KB)
Paxaros de papelUnha noite, Rodrigo logrou cazar o sol antes de que afogase no mar e viu os paxaros de mil e unha cores. E voando nun avión biplano chegou a Caibarién, unha illa que non figura en ningún mapa. Ilustracións de Lázaro Enríquez. Idade: 5 anos. Editorial Xerais. Autor Mirilar Aleixandre. ISBN: 84-8302-698-8Descargar (pdf. 1,41 MB)
Pericles e a baleaImaxinativa historia que ten como protagonista a Pericles, un enigmático vendedor de churros que consigue facer voar a imaxinación dos máis pequenos. Ilustracións de Xosé Manuel Xiráldez. Idade: 6 anos. Editorial Galaxia. Autora Xohana Torres. ISBN:84-7154-485-7Descargar (jpg. 4,28 KB)
Piratas, bruxas e outros amigosPiratas, bruxas, princesas e demais compañeiros de fatigas camiñan polas páxinas deste libro entoando unha canción ou dicindo un poema. Ilustracións de Federico Fernández. Idade: 8 anos. Editorial Galaxia. Autor Daniel Ameixeiro. ISBN: 978-84-7154-108-6Descargar (jpg. 2,95 KB)
Polo mar van as sardiñasPequeño Antón, non coñecía o mar pero nestas páxinas vai vivir a súa primeira aventura mariñeira, da man do seu tío Manoel. E abofé que quedou satisfeito. Ilustrado por Federico Fernández. De 8 anos en diante.Editorial Galaxia. Autora Xoana Torres. ISBN: 978-84-8288-677-0Descargar (jpg. 4,09 KB)
Puerto de Santander. Una aventura en el tiempoCati, Toño, Calo e Fito forman unha simpática pandilla cuias aventuras, nunha máxica viaxe ó longo do tempo, te permitirán descubrir a historia do Porto de Santander. Autores José Luis Casado Soto e Mª Isabel G. Mingo. ISBN: 84-923292-7-0Descargar (pdf. 1,03 MB)
Sedna, a deusa do marÚltima entrega das aventuras de Nunabut, a nena esquimó que esta vez vai escoitar da voz de Mama Helga a lenda de Sedna, mentres os homes e mulleres da aldea van cazar baleas. Ilustracións de Jacobo Fernández Serrano. Idade: 5 anos. Editorial Xerais. Autor Xoán Abeleira. ISBN:84-9782-257-9Descargar (jpg. 3,71 KB)
SucaGaraselte de Turmirán da Bansuca é unha vila moi peculiar que non ven nos mapas e na que a xente, a Natureza e mesmo o tempo teñen un ritmo propio e diferente. Primeiros lectores. Idade: 5 anos. Editorial Everst Galicia. Autores Pinto & Chinto. ISBN: 84-403-0420-XDescargar (jpg. 5,21 KB)
Tres risas e unha vodaCatro pezas teatrais polas que rúan a prosa e o verso, a realidade e a fantasía, os homes e os animais, a Natureza e as máquinas, a envexa e a tenrura. Entre elas, Dondulina. Idade: 8 anos. Editorial Everest. Autores Ana Mª Fernández e Manolo Uhía. ISBN:978-84-403-0407-0Descargar (jpg. 3,01 KB)
Un capitán de 15 anosLibro que recupera a un dos grandes clásicos de aventura da literatura universal. ¿Que lle ocorrirá a este capitán de 15 anos? Conseguirá que a súa tripulación chegue a terra sa e a salvo? Adaptación literaria de Mª del Carmen Campos.Idade: 4 anos. Baía Edicións. ISBN: 978-84-96128-88-0Descargar (jpg. 3,46 KB)
Un conto de tres noitesXabier P. Docampo propón unha narración engaiolante que explica as razóns polas que unha illa anda polo mar adiante desde non se sabe cando,unha historia desas moi vellas,e dun home que tivo todo o mar dentro da cabeza.Ilustrado por Xosé Cobas. Idade: 10 anos. Editorial Xerais. Autor Xabier P. Docampo. ISBN:978-84-9302-723-3Descargar (jpg. 2,23 KB)
Un polbo xiganteIlustracións en cores de Luis Castro Enjamio para un fermoso conto impregnado do mellor humor e ironía . Idade: 10 anos. Editorial Galaxia. Autor Carlos Casares. ISBN: 84-8288-387-9Descargar (jpg. 4,89 KB)
Unha chea de aloumiñosLibro que reúne nun único volume catro libros de poesía, tan sinxela como rica en imaxes e capacidade evocativa, moi apropiada para estimular o amor polas palabras e a imaxinación lírica dos nenos. Idade: 10 anos. Editorial Galaxia. Autor Antonio García Teijeiro. ISBN: 978-84-8288-168-3Descargar (jpg. 2,20 KB)
Voltar ao índice de categorías

Máis informacion: formacion@cetmar.org
Tel. 986 247 047

Actividade financiada pola Dirección Xeral de
Investigación, Desenvolvemento e Innovación.
Organiza Centro Tecnológico del Mar - Fundación CETMAR