|
Oferta de actividades para os centros de ensino
AcquariumgaliciaSitio web do acquariumgalicia que oferta obradoiros para grupos organizados e escolares relacionados coa cartografía nautica, artes de pesca, nós mariñeiros, papel reciclado, a auga como recurso vital e contaminación mariña. Tamén oferta un programa educativo "Mochila ó ombro" que busca introducir aos xóvenes no método científico, como unha ferramenta fundamental para a observación do litoral e a solución de problemas ambientais das nosas costas.Visitar
Aprende á beira do marPrograma escolar que pon en marcha a Confraría de Cambados en colaboración coa Consellería de Pesca para amosar a vida mariñeira cunha visión de conxunto. Programa de divulgación da pesca e o marisqueo e valorización da cultura mariñeira.Visitar
ClimánticaClimántica é o novo proxecto de educación ambiental da Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible en colaboración coa Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa. O equipo Climántica consta de catro grupos de traballo –didáctica, edición gráfica, multimedia e asesoría científica – que traballan coordinados mediante o uso dunha plataforma colaborativa situada na intranet da web do proxecto.
A parte de Climántica que está dirixida aos alumnos de secundaria expón –ao longo de oito unidades didácticas, os grandes problemas ambientais, á vez que os relaciona co cambio climático a nivel global. Tamén hai produtos que van dirixidos ao ensino primario, deseñados nun marco máis lúdico e próximo á fantasía infantil e outros para a cidadanía en xeral como blogs na web, documentais e revistas.Visitar
GUIMATURGuimatur é unha Asociación Cultural das mulleres do mar de Cambados que traballa para difundir a cultura mariñeira e os valores tradicionais do traballo no mar. Entre outras actividades, organizan dúas rutas, no Concello de Cambados (Pontevedra), nas cales mostran a súa forma de vida e a rica herdanza cultural do pobo mariñeiro galego.Visitar
Mar de LiraMardelira é un proxecto que nace na Confraría de Lira cos obxectivos básicos de dar a coñecer o mundo da pesca e o mar á sociedade ademais de dinamizar o entorno social da comunidade pescadora de Lira. Existe un programa aberto a calquera centro escolar interesado, onde poden participar en distintas actividades e rutas guiadas que lles permitirán coñecer a pesca e os pescadores de Lira, así como o seu contorno físico e social.Visitar
Mergullándonos nas Illas AtlánticasEste programa ten como fin achegar ós participantes os distintos ecosistemas que conforman as illas e os seus fondos mariños, presentandoo como un puzzle de distintas pezas que o mar moldea.Visitar
Museo de la Ciencia de ValladolidNa páxina web no apartado de Educación hai materiais didácticos en pdf e incluso se poden solicitar o préstamo duns maletíns con materiais para investigar sobre o río.Visitar
Proxecto ríosO proxecto ríos basease na participación activa e crítica da cidadanía, que realizan unha inspección dun treito dun río elixido polos participantes, en outono e primavera.Visitar
Voltar ao índice de categorías
|
|