|
- ¿Quen pode participar no concurso?
O concurso está aberto a grupos de tres estudiantes capitaneados por un docente, dos centros de ensino primario e secundario da Comunidade Autónoma de Galicia.
- ¿Pode un grupo o persona presentar varios traballos?
Si, o número de traballos presentados non está limitado en ningún aspecto. Tanto os alumnos como os profesores poden pertencer a máis dun equipo, e un mesmo equipo pode presentar varios proxectos.
- ¿Qué tipo de proxectos/ideas se poden presentar?
Experimentos relacionados co medio mariño en calquera dos seus ámbitos (bioloxía, oceanografía, xeoloxía,...). É preciso que os participantes realicen a súa idea e a poñan en práctica. É importante que os participantes sexan capaces de reproducir o seu proxecto e explicar os principios nos que se fundamenta, así como a súa utilidade.
- ¿Qué se vai valorar nos traballos presentados?
Se valorará a súa orixinalidade, interese didáctico e claridade coa que se transmitan os principios nos que se fundamenta o experimento.
De igual maneira se valorará o feito de que os experimentos empreguen material de refugallo ou reciclado, que causen o mínimo impacto ambiental, e utilicen materiais que non resulten perigosos na súa manipulación.
- ¿Os traballos deberán ser inéditos?
Non é imprescindible que sexan ideas inéditas, pero deberán indicarse no apartado de “Bibliografía de apoio” as referencias de anteriores edicións ou ideas nas que se basaron.
- Se presento un traballo a este concurso, ¿poderei presentalo de novo a outros concursos?
Os autores poderán facer uso dos traballos para a súa presentación a outras convocatorias, publicación e difusión, sempre que istos o permitan. Será imprescindible comunicarllelo ó CETMAR na dirección formacion@cetmar.org En caso de que o material se edite ou utilice posteriormente, deberá citarse que foi seleccionado entre as mellores propostas do Concurso “Galicia e as Ciencias do Mar” organizado polo Centro Tecnolóxico do Mar dentro das accións de divulgación e comunicación científica e tecnolóxica Diverciencia (INCITE).
- ¿Cómo podo inscribirme?
Os participantes deberán inscribirse antes do día 18 de abril de 2008, a través do formulario de inscripción ó que deberán adxuntar a memoria do traballo. Accede ao formulario de inscripción >>
Tamén se admitirán inscripcións realizadas enviando unha mensaxe de correo electrónico ao enderezo formacion@cetmar.org indicando como asunto: Concurso Galicia e as Ciencias do Mar, sempre que adxunten os datos solicitados no formulario de inscripción e a memoria do traballo.
No caso de proxectos con soporte audiovisual, ou que polas súas características non poidan ser remitidos por correo electrónico, a inscripción deberá efectuarse cubrindo o formulario de inscripción da web e enviando a memoria e soporte do traballo por correo certificado con acuse de recibo, ao seguinte enderezo:
|
|