• Poderase presentar calquera traballo experimental no que se poña de manifesto, a nivel cualitativo e/ou cuantitativo a aplicación da ciencia no medio mariño. Non é imprescindible que sexan ideas inéditas, aínda que se valorará a súa orixinalidade, interese didáctico e claridade coa que se transmitan os principios nos que se fundamenta o experimento. De igual maneira se valorará o feito de que os experimentos empreguen material de refugallo ou reciclado, que causen o mínimo impacto ambiental, e utilicen materiais que non resulten perigosos na súa manipulación. Tamén se valorarán especialmente aqueles proxectos que teñan como obxectivo fomentar o respecto polo medio ambiente mariño.
  • É preciso que os participantes realicen a súa idea e a poñan en práctica. É importante que os participantes sexan capaces de reproducir o seu proxecto e explicar os principios nos que se fundamenta, así como a súa utilidade.
  • Os participantes deberán inscribirse na web antes do día 18 de abril de 2008 ás 15 horas, e poderán enviar a memoria da súa actividade por este medio. As memorias que polas súas características ou soporte non poidan enviarse electrónicamente poderán entregarse fisicamente no CETMAR.
  • Os participantes recibirán un acuse de recibo da súa inscrición.
  • A memoria do proxecto deberá incluír, como mínimo, os seguintes apartados:
    • Título do proxecto.
    • Nome do equipo.
    • Categoría: Primaria / Secundaria +
    • Obxectivos.
    • Materiais necesarios para o seu desenvolvemento, no seu caso.
    • Descrición polo miúdo do procedemento.
    • Bibliografía de apoio.
    • En caso de presentacións, ademais deberá indicarse os medios técnicos (tanto equipos como programas) precisos para o seu visionado.


Actividade financiada pola Dirección Xeral de
Investigación, Desenvolvemento e Innovación.
Organiza Centro Tecnológico del Mar - Fundación CETMAR