- ¡Podes solicitar a visita de Marusía ao teu Centro de Ensino, para os grupos de rapaces máis cativos, de 5 a 10 anos!
- A través deste espectáculo de sensibilización medioambiental en relación ao mar, onde se fala máis polo miudo de furtivismo, construcción en primeira liña de praia, cambio climático e consumo de algas, plantexamos unha reflexión dalgún dos males que sofre o mar, dende unha linguaxe dinámica e divertida.
- Se organizará un mínimo de dúas representacións por localidade: se o teu Centro non ten alumnos ou espazo suficientes, solicita igualmente a túa visita e buscaremos a posibilidade de coordinación con outros Centros e a cesión dun espacio.
- Requerimentos do espazo escénico: toma de corrente de 220 V; para a instalación do retablo de monicreques: ancho 2,10 m; Fondo 1,50 m; Alto 2,30 m...e suficiente espazo para uns 150 asistentes no público!
- Cada sesión terá unha duración de 50 minutos aproximada e terá un enfoque lúdico e participativo.
“Neste momento xa non temos datas libres para organizar máis representacións de monicreques. En caso de que se produza algún cambio contactaremos con vostede.” |